Published March 18, 2022 | Version v1
Book chapter Open

Galego. Historia da tradución

  • 1. UNIVERSIDADE DE VIGO

Description

A tradución no ámbito galego alude á produción traducida dende e cara á lingua galega como resultado dunha realidade cultural autónoma e diferenciada.

Os primeiros textos documentados en lingua galega proceden do s. XII. Trátase de cantigas de amor, de amigo, de escarnio e maldicir. A aparición da prosa narrativa data de séculos posteriores (XIV e XV), cando se traducen, sobre todo dende o latín, importantes obras historiográficas que se conservan en forma moi fragmentada. Dende o século XVI ata o XIX apenas se escribe en galego e non é ata mediados do XIX cando aparecen de novo as traducións: textos bíblicos, parte da literatura latina clásica e breves pezas literarias románticas ou costumistas.

A guerra civil e a posterior ditadura franquista paralizaron radicalmente calquera publicación en galego e detiveron o proceso de tradución iniciado en etapas anteriores. Así que non é ata ben entrados os anos 80 do século XX cando a tradución á lingua galega dá un salto cuantitativo e cualitativo, co apoio da lexislación normalizadora e sobre todo do compromiso dun sector civil na recuperación da igualdade e dos dereitos democráticos.

A análise dos datos da produción traducida recollidos desde principios do século XXI precisa do contexto que rodea a motivación da encarga, do propio proceso e mesmo do resultado da tradución. Trátase de elementos dispares, como o prestixio da lingua, a autoría da tradución ou do texto orixinal, o papel e a ideoloxía dos distintos actantes que median, as casas editoras, os circuítos de difusión etc.

En xeral, tradúcese o que se considera innovador, pero o fenómeno das importacións, así como o das exportacións, que repunta no ámbito galego a principios do novo milenio, con comportamentos ben diferenciados, ten a súa orixe en diversos factores que van dende as motivacións persoais ata intereses socio-políticos ou económicos coxunturais.

Files

galician_GLG.pdf

Files (6.7 MB)

Name Size Download all
md5:0a99070a8f9c8d5d535928a5e0ae641e
6.7 MB Preview Download