Published July 16, 2026
| Version v1
Poster
Open
A toponimia galega e portuguesa no Toponomasticon Hispaniae
Description
O Toponomasticon Hispaniae é un proxecto de investigación coordinado financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, comezado en 2021, que integra investigadores de toda a península ibérica (arredor de 60), reunidos co fin de establecer un método de análise conxunto. Estrutúrase en diversos subproxectos, segundo as áreas xeográficas e as linguas. A área occidental encardínase, nesta segunda fase do proxecto (2025-2029), no subproxecto Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, que pola súa parte consta de dous equipos que funcionan de forma autónoma: Toponimia de Galicia e Portugal, por unha banda, integrado por investigadores galegos e portugueses, e a Toponimia asturiano-leonesa, pola outra.
Os resultados da investigación visualízanse nunha páxina web, aberta ó público, que permite relacionar o étimo cos seus descendentes hispánicos, tanto simples como derivados, e informa sobre os moi distintos aspectos que abrangue un topónimo: evolución lingüística, documentación histórica, situación xeográfica, categoría administrativa, produtividade léxica (xentilicios) e antroponímica (nomes e apelidos) e outras. Disponse tamén dun moi amplo repertorio de referencias bibliográficas e de fontes. E, ademais, na aplicación utilízanse todas as linguas peninsulares. Permite, así, un estudo integral no contexto hispánico e o contacto continuo entre os investigadores das distintas áreas.
Files
CIDS_2026 TopGalPor.pdf
Files
(775.6 kB)
| Name | Size | Download all |
|---|---|---|
|
md5:8efe3968ab3876a3cf8cd9cbcfeeded8
|
775.6 kB | Preview Download |