Análise sobre a idoneidade da oferta de actividades extraescolares
Authors/Creators
Description
Hoxe en día a cuestión das actividades extraescolares presenta un grande interese: desde a súa introdución e xeralización como un complemento ligado á oferta educativa dos centros dentro da dinámica da extensión da función de custodia de escola, orientada á compatibilidade da vida familiar e escolar e ao enriquecemento so currículo escolar e da formación dos nenos e nenas; así vemos como ano tras ano aumentan a demanda por parte das familias as solicitudes e a oferta. Hai á vez unha maior preocupación educativa sobre o seu valor formativo e idoneidade (da Silveira, 2003). A oferta feita desde os concellos pretende reforzar o servizo de apoio ás familias para conciliar a vida familiar e laboral, ao mesmo tempo que se intenta facilitar aos nenos a posibilidade de participar en actividades lúdicas e formativas. Coa elaboración deste proxecto pretendemos descubrir si a oferta que se realiza das actividades extraescolares ofrecidas polo Concello de Ourense presenta desaxustes fronte ás demandas das familias e cal é o grao de aceptación e satisfacción por parte das familias.