Políticas públicas de comunicación audiovisual na UE e España. Análise histórica dunha regulación ineficaz para a plurallidade informativa e a democratización mediática
Authors/Creators
Contributors
Contact person:
Description
Un sistema de medios robusto e plural contribúe á construción de sistemas democráticos mediante a creación dunha esfera social crítica que proporcione unha plataforma adecuada para unha sociedade informada, permitindo aos seus membros participar nos debates da esfera pública e tomar decisións de maneira informadas sobre as cuestións que lles afectan (García-García e Lema-Blanco, 2021). O pluralismo dos medios aparece como unha preocupación compartida polos estados democráticos europeos, aínda que historicamente estes centraron as súas políticas de comunicación en promover a convivencia dun sector público forte cun sector dos medios audiovisuais privado-comerciais cada vez máis liberalizado. Porén, a concentración da propiedade dos medios, a minguante presenza de medios locais, e maila falta de transparencia na propiedade das empresas de comunicación e dos intermediarios dixitais constitúe un serio risco para a pluralidade informativa nunha trintena de países europeos (Media Pluralism Monitor, 2020).
Files
LEMA_BLANCO_2025_CLARIDADE.pdf
Files
(2.6 MB)
| Name | Size | Download all |
|---|---|---|
|
md5:cb696c8f031737a232f2165ab23ddd44
|
2.6 MB | Preview Download |