normas herbario SANT
Authors/Creators
Description
Herbario da USC (Herbario SANT)
Universidade de Santiago de Compostela
NORMAS DE UTILIZACIÓN
O Herbario da USC funcionará desenvolvendo e facilitando as vertentes que pode ofrecer á
comunidade científica desta Universidade: as consultas do material xa existente e o depósito de
material novo como testemuña.
Normativa para as consultas de material
- O Herbario SANT é unha colección pública de investigación de uso restrinxido. Permitirase o acceso a
investigadores/as de institucións científicas recoñecidas, ou a aquelas persoas que fosen autorizadas
previamente polo director. - O Herbario pode ser consultado de Luns a Venres (salvo festivos) durante todo o ano (salvo o mes
de Agosto) no seu actual emprazamento: Laboratorio de Botánica da Facultade de Farmacia, tanto
en horario de mañá como de tarde (convén poñerse en contacto co conservador previamente para
concertar cita). - Os visitantes deben asinar no Libro de Visitas facendo constar a institución ou centro ao que
pertencen e o obxecto da visita. - Non se permite a disección dos exemplares, nin retirar parte algunha do contido do prego, sen
autorización do Conservador. - As preparacións microscópicas (histolóxicas, palinolóxicas, cariolóxicas, etc.) realizadas a partir do
material do Herbario deben quedar depositadas no mesmo. - Non se deben escribir anotacións nos pregos mesmos. Hai etiquetas de corrección dispoñibles para
os investigadores/as. - Permitirase o acceso aos armarios onde se conservan os pregos pero o visitante non deberá cambiar
de sitio prego algún e respectará en todo momento a orde alfabética existente. - Os visitantes que desexen fotografar exemplares, libros ou documentos ou facer uso de aparellos
eléctricos propios no Herbario, deberán solicitar autorización previa do Conservador do mesmo. - PROHÍBESE FUMAR, así como o uso de chisqueiros de alcohol ou calquera tipo de chama nas
dependencias do Herbario. - Os visitantes que publiquen algún traballo no que figuren datos directamente procedentes do
Herbario SANT deben citar esta procedencia. A institución agradecerá o envío dunha copia destes
traballos. - Os préstamos de material quedan restrinxidos a centros ou persoas dedicados á investigación en
botánica, cualificados por tanto para o uso destes espécimes en estudos planificados.
Recomendacións adicionais:
- Débese consultar o ficheiro (parte del atópase informatizado) previamente á revisión dos pregos,
para orientación sobre o material existente. - É conveniente lavarse as mans despois de manipular o material do SANT. Lémbrase que parte dos
fondos están envelenados en solución alcohólica de cloruro mercúrico.
Normativa para os depósitos de material
- O material que se pretenda depositar e preservar no SANT deberá estar o máis completo posible
(follas, flores, froitos, etc.) para a súa identificación taxonómica. Poderase entregar, ben en fresco
(planta recentemente arrancada), ben xa prensada e desecada. - O material virá determinado e etiquetado. Os datos mínimos que deberán figurar na etiqueta son:
nome científico e autor, localidade (país, provincia, concello, lugar) preferiblemente coa altitude e as
coordenadas U.T.M., data de recolección, o nome do recolledor/a ("Legit") e o do determinador/a
("Determinavit"). É conveniente a inclusión doutros datos como anotacións ecolóxicas,
fitosociolóxicas, corolóxicas, fenolóxicas, etc - O material (prego/s) que se queira depositar non debe presentarse xa adherido a cartolina ou con
montaxe similar irreversible, dado que no proceso de conservación o material pode necesitar algún
tratamento previo de desinfección que requira unha cómoda manipulación. - Se é material fresco o que se pretende gardar, poderase procesar nas instalacións do SANT, pero
sempre haberá de acompañarlle a etiqueta cos datos mínimos. - Por cada prego de material debidamente preparado, etiquetado e fichado, outorgarase un número de
rexistro que lle acompañará de forma vitalicia. Ese número será facilitado ao depositante previa
solicitude, nun prazo máximo de 1 día se se trata de material xa prensado e desecado, ou de 7 días
se se trata de material fresco.
Normativa sobre mostraxes destrutivas – Herbario SANT
conforme coa normativa específica aprobada conxuntamente na sesión ordinaria da Asemblea Xeral da
Asociación de Herbarios Ibero-Macaronésicos (AHIM) celebrada en Madrid, o 23 de novembro de 2012
- A finalidade esencial do Herbario SANT é garantir a conservación das súas coleccións, facéndoa compatible co seu uso na investigación científica. Por todo iso, as peticións concernentes á mostraxe destrutiva dos exemplares estudaranse caso por caso.
- A mostraxe destrutiva de material de Herbario debería ser unha excepción, nunca unha norma. Sempre que existan outras fontes de material (p. ex., coleccións vivas, duplicados, etc.) deberá recorrerse a elas.
- A solicitude de permiso para mostraxes destrutivas deberá xustificarse debidamente, con indicación da finalidade, cantidade estimada e a natureza do material que se desexa separar do prego.
- A decisión final para tomar mostras dos pregos corresponde en calquera caso ao Conservador do Herbario, quen expedirá os permisos pertinentes, por escrito e por adiantado, de acordo coas normas xerais de cada colección. O investigador solicitante deberá asinar a autorización, asumindo con iso estritamente todos e cada un dos apartados da presente normativa. En calquera caso, a institución poderá ofrecer información sobre alternativas para conseguir outras mostras do material requirido.
- Non se permite a retirada de material algún de exemplares tipo, coleccións históricas ou daqueles taxons que estean representados no Herbario por escasos exemplares.
- Se o material dispoñible é adecuado e suficiente, e a súa destrución non compromete estudos posteriores, poderán tomarse mostras na cantidade mínima necesaria (p. ex., follas, flores, pole, esporas, sementes, etc.), sempre baixo a supervisión do Conservador ou de persoal cualificado en quen delegue.
- Non se permite tomar mostras de modo repetitivo nun mesmo espécime. Poderanse facer excepcións cando o espécime inclúa material adicional con propósitos específicos (p. ex., mostras polínicas, análises de ADN, sementes, etc.).
- Nos pregos sometidos a mostraxe sempre debe incluírse unha etiqueta con datos precisos sobre o tipo de material recolleito, o propósito da mostraxe, o nome aceptado para o taxon, nome e filiación do investigador e data da toma.
- Para as extraccións de ADN de materiais de Herbario, non se permitirá a toma de mostras se existen razóns que permitan dubidar do seu éxito (p. ex., se non se dispón de datos previos que apoien as técnicas para utilizar, ou se o material é demasiado antigo ou foi tratado con produtos que danen o material xenético). O investigador que obteña ADN aproveitable comprométese a non ceder alícuotas a outros posibles usuarios, a non ser que todas as partes conten co correspondente permiso por escrito do Herbario de orixe.
- Calquera resultado que se obteña –xa sexa positivo ou negativo– ou que pretenda publicarse (p. ex., fotografías a microscopio óptico ou electrónico, referencias de secuencias de ADN, etc.) deberá comunicarse ao Conservador do Herbario. Iso supón, no seu caso, que o investigador debe retornar ao Herbario de orixe copias do material gráfico (p. ex., debuxos ou fotografías microscópicas de alta calidade con escala) e dos códigos de referencia das mostras obtidas dos pregos (p. ex., números de acceso a GenBank e outros bancos xenéticos, coleccións de mostras de microscopia, etc.), así como preparacións microscópicas permanentes (p. ex., pole, esporas, follas, etc.) ou calquera outro tipo de material derivado das mostras extraídas. O devandito material será incorporado ao Herbario de orixe, onde quedará dispoñible para futuros estudos, establecéndose as pertinentes referencias cruzadas entre o espécime orixinal e o materiais produto dos estudos destrutivos, nas correspondentes bases de datos.
- Nas publicacións realizadas deberá mencionarse expresamente ao Herbario SANT e indicarse a localización permanente das mostras ou materiais obtidos deste; en certas circunstancias, podería exporse a coautoría de persoal do Herbario. Remitirase igualmente unha copia das devanditas publicacións para que sexa arquivada ou referida no prego de orixe e bases de datos como corresponda.
- O Herbario SANT non mantén un historial preciso dos tratamentos sufridos polos exemplares que conserva e, por tanto, non pode garantir de ningún xeito que o material que se envíe resulte adecuado para o fin que se solicita. De igual modo, as identificacións dos pregos poden non ser correctas, polo que se recomenda verificalas antes de publicar os resultados.
- As coleccións do Herbario SANT son propiedade da Universidade de Santiago de Compostela. Non se permite, baixo ningún concepto, facer uso comercial dos materiais obtidos ou dos seus derivados. En calquera caso, o usuario comprométese a cumprir a lexislación vixente respecto diso.
- O incumprimento por parte dos solicitantes dalgún dos requisitos especificados nos apartados anteriores suporá a rescisión da autorización para facer uso futuro do material obtido, así como a imposibilidade de que se atendan eventuais novas peticións. Dita circunstancia comunicarase aos membros da AHIM.
en Santiago, a 7/XII/2013
Conservador do Herbario SANT: Francisco Javier Amigo Vázquez
-------------------------------------------------------------
Herbario de la USC (Herbario SANT)
Universidad de Santiago de Compostela
NORMAS DE UTILIZACIÓN
El Herbario de la USC funcionará desarrollando y facilitando las vertientes que puede ofrecer a la comunidad científica de esta Universidad: las consultas del material ya existente y el depósito de material nuevo como testigo.
Normativa para las consultas de material
- El Herbario SANT es una colección pública de investigación de uso restringido. Se permitirá el acceso
a investigadores/as de instituciones científicas reconocidas, o a aquellas personas que hayan sido
autorizadas previamente por el director. - El Herbario puede ser consultado de Lunes a Viernes (salvo festivos) durante todo el año (salvo el
mes de Agosto) en su actual emplazamiento: Laboratorio de Botánica de la Facultad de Farmacia,
tanto en horario de mañana como de tarde (conviene ponerse en contacto con el conservador
previamente para concertar cita). - Los visitantes deben firmar en el Libro de Visitas haciendo constar la institución o centro al que
pertenecen y el objeto de la visita. - No se permite la disección de los ejemplares, ni retirar parte alguna del contenido del pliego, sin
autorización del Conservador. - Las preparaciones microscópicas (histológicas, palinológicas, cariológicas, etc.) realizadas a partir del
material del Herbario deben quedar depositadas en el mismo. - No se debe escribir anotaciones en los pliegos mismos. Hay etiquetas de corrección disponibles para
los investigadores/as. - Se permitirá el acceso a los armarios donde se conservan los pliegos pero el visitante no deberá
cambiar de sitio pliego alguno y respetará en todo momento el orden alfabético existente. - Los visitantes que deseen fotografiar ejemplares, libros o documentos o hacer uso de aparatos
eléctricos propios en el Herbario, deberán solicitar autorización previa del Conservador del mismo. - Se PROHIBE FUMAR, así como el uso de mecheros de alcohol o cualquier tipo de llama en las
dependencias del Herbario. - Los visitantes que publiquen algún trabajo en el que figuren datos directamente procedentes del
Herbario SANT deben citar esta procedencia. La institución agradecerá el envío de una copia de estos
trabajos. - Los préstamos de material quedan restringidos a centros o personas dedicados a la investigación en
botánica, cualificados por tanto para el uso de estos especímenes en estudios planificados.
Recomendaciones adicionales:
- Se debe consultar el fichero (parte de él se encuentra informatizado) previamente a la revisión de los
pliegos, para orientación sobre el material existente. - Es conveniente lavarse las manos después de manipular el material del SANT. Se recuerda que parte
de los fondos están envenenados en solución alcohólica de cloruro mercúrico.
Normativa para los depósitos de material
- El material que se pretenda depositar y preservar en el SANT deberá estar lo más completo posible
(hojas, flores, frutos, etc.) para su identificación taxonómica. Se podrá entregar, bien en fresco
(planta recién arrancada), bien ya prensada y desecada. - El material vendrá determinado y etiquetado. Los datos mínimos que deberán figurar en la etiqueta
son: nombre científico y autor, localidad (país, provincia, municipio, lugar) preferiblemente con la
altitud y las coordenadas U.T.M., fecha de recolección, el nombre del recolector/a ("Legit") y el del
determinador/a ("Determinavit"). Es conveniente la inclusión de otros datos como anotaciones
ecológicas, fitosociológicas, corológicas, fenológicas, etc. - El material (pliego/s) que se quiera depositar no debe presentarse ya adherido a cartulina o con
montaje similar irreversible, dado que en el proceso de conservación el material puede necesitar
algún tratamiento previo de desinfección que requiera una cómoda manipulación. - Si es material fresco lo que se pretende guardar, se podrá procesar en las instalaciones del SANT,
pero siempre habrá de acompañarle la etiqueta con los datos mínimos. - Por cada pliego de material debidamente preparado, etiquetado y fichado, se otorgará un número de
registro que le acompañará de forma vitalicia. Ese número será facilitado al depositante previa
solicitud, en un plazo máximo de 1 día si se trata de material ya prensado y desecado, o de 7 días si
se trata de material fresco.
Normativa sobre muestreos destructivos – Herbario SANT
conforme con la normativa específica aprobada conjuntamente en la sesión ordinaria de la Asamblea General de la Asociación de Herbarios Ibero-Macaronésicos (AHIM) celebrada en Madrid, a 23 de noviembre de 2012
- La finalidad esencial del Herbario SANT es garantizar la conservación de sus colecciones, haciéndola compatible con su uso en la investigación científica. Por todo ello, las peticiones concernientes al muestreo destructivo de los ejemplares se estudiarán caso por caso.
- El muestreo destructivo de material de herbario debería ser una excepción, nunca una norma. Siempre que existan otras fuentes de material (p. ej., colecciones vivas, duplicados, etc.) deberá recurrirse a ellas.
- La solicitud de permiso para muestreos destructivos deberá justificarse debidamente, con indicación de la finalidad, cantidad estimada y la naturaleza del material que se desea separar del pliego.
- La decisión final para tomar muestras de los pliegos corresponde en cualquier caso al Conservador del Herbario, quien expedirá los permisos pertinentes, por escrito y por adelantado, de acuerdo con las normas generales de cada colección. El investigador solicitante deberá firmar la autorización, asumiendo con ello estrictamente todos y cada uno de los apartados de la presente normativa. En cualquier caso, la institución podrá ofrecer información sobre alternativas para conseguir otras muestras del material requerido.
- No se permite la retirada de material alguno de ejemplares tipo, colecciones históricas o de aquellos táxones que estén representados en el herbario por escasos ejemplares.
- Si el material disponible es adecuado y suficiente, y su destrucción no compromete estudios posteriores, podrán tomarse muestras en la cantidad mínima necesaria (p. ej., hojas, flores, polen, esporas, semillas, etc.), siempre bajo la supervisión del Conservador o de personal cualificado en quien delegue.
- No se permite tomar muestras de modo repetitivo en un mismo espécimen. Se podrán hacer excepciones cuando el espécimen incluya material adicional con propósitos específicos (p. ej., muestras polínicas, análisis de ADN, semillas, etc.).
- En los pliegos muestreados siempre debe incluirse una etiqueta con datos precisos sobre el tipo de material recogido, el propósito del muestreo, el nombre aceptado para el taxón, nombre y filiación del investigador y fecha de la toma.
- Para las extracciones de ADN de materiales de herbario, no se permitirá la toma de muestras si existen razones que permitan dudar de su éxito (p. ej., si no se dispone de datos previos que apoyen las técnicas a utilizar, o si el material es demasiado antiguo o ha sido tratado con productos que dañen el material genético). El investigador que obtenga ADN aprovechable se compromete a no ceder alícuotas a otros posibles usuarios, a no ser que todas las partes cuenten con el correspondiente permiso por escrito del herbario de origen.
- Cualquier resultado que se obtenga –ya sea positivo o negativo– o que pretenda publicarse (p. ej., fotografías a microscopio óptico o electrónico, referencias de secuencias de ADN, etc.) deberá comunicarse al Conservador del herbario. Ello supone, en su caso, que el investigador debe retornar al herbario de origen copias del material gráfico (p. ej., dibujos o fotografías microscópicas de alta calidad con escala) y de los códigos de referencia de las muestras obtenidas de los pliegos (p. ej., números de acceso a GenBank y otros bancos genéticos, colecciones de muestras de microscopia, etc.), así como preparaciones microscópicas permanentes (p. ej., polen, esporas, hojas, etc.) o cualquier otro tipo de material derivado de las muestras extraídas. Dicho material será incorporado al herbario de origen, donde quedará disponible para futuros estudios, estableciéndose las pertinentes referencias cruzadas entre el espécimen original y los materiales producto de los estudios destructivos, en las correspondientes bases de datos.
- En las publicaciones realizadas deberá mencionarse expresamente al herbario SANT e indicarse la ubicación permanente de las muestras o materiales obtenidos de éste; en ciertas circunstancias, podría plantearse la coautoría de personal del herbario. Se remitirá igualmente una copia de dichas publicaciones para que sea archivada o referenciada en el pliego de origen y bases de datos como corresponda.
- El herbario SANT no mantiene un historial preciso de los tratamientos sufridos por los ejemplares que conserva y, por tanto, no puede garantizar en modo alguno que el material que se envíe resulte adecuado para el fin que se solicita. De igual modo, las identificaciones de los pliegos pueden no ser correctas, por lo que se recomienda verificarlas antes de publicar los resultados.
- Las colecciones del herbario SANT son propiedad de la Universidad de Santiago de Compostela. No se permite, bajo ningún concepto, hacer uso comercial de los materiales obtenidos o de sus derivados. En cualquier caso, el usuario se compromete a cumplir la legislación vigente al respecto.
- El incumplimiento por parte de los solicitantes de alguno de los requisitos especificados en los apartados anteriores supondrá la rescisión de la autorización para hacer uso futuro del material obtenido, así como la imposibilidad de que se atiendan eventuales nuevas peticiones. Dicha circunstancia se comunicará a los miembros de la AHIM.
en Santiago, a 7/XII/2013
Conservador del Herbario SANT: Francisco Javier Amigo Vázquez
Files
20131207 - Normativa_SANT (incl.mostr.destr.AHIM) - J.Amigo.pdf
Files
(3.3 MB)
| Name | Size | Download all |
|---|---|---|
|
md5:12e54a9a4276b041b07e4d18f70316d6
|
3.3 MB | Preview Download |