Published June 23, 2025 | Version v1

O Observatorio de mobilidade de terras de Galicia

Description

O concepto de mobilidade de terras refírese aos cambios que se dan na distribución dos dereitos sobre a terra: como cambia quen ten que, e onde. Así, os mecanismos da mobilidade son variados, como a compravenda, o arrendamento, a herdanza, a cesión, a cooperación, etc., como tamén o son o tipo de dereitos que se 'moven': propiedade plena, de uso, de aproveitamento parcial, de voo... Por iso, a mobilidade de terras vén caracterizada por varias variables como os prezos da terra (de compravenda ou arrendamento), as taxas de mobilidade ou a tipoloxía de actores que se intercambian os dereitos sobre a terra (por exemplo, quen compra e quen vende terras). Monitorizar esas variables é de interés por varios motivos: por cuestións económicas, de xestión ambiental e territorial e mesmo de soberanía. O Observatorio Galego da Mobilidade de Terras, creado no 2016, elabora informes de seguemento das principais variables da mobilidade de terras rústicas do país.

Esta presentación foi realizada o 18 de Xuño de 2025 no marco do curso de verán Revitalización Rural: nova vida para as aldeas e a terra, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela  en Lugo.

Abstract (English)

The concept of land mobility refers to the changes in the distribution of land property rights: how who has what, and where, changes. Thus, the mechanisms of land mobility are varied, such as purchase and sale, lease, inheritance, cooperation, etc., as are the types of rights that 'move': full ownership, land use rights, partial use,... Therefore, land mobility is characterized by several variables such as land prices (purchase and sale or lease), mobility rates or the typology of actors who exchange land rights (for example, who buys and who sells land). Monitoring these variables is of interest for several reasons: for economic issues, environmental and territorial management and even sovereignty. The Galician Land Mobility Observatory, created in 2016, produces monitoring reports on the main variables of rural land mobility in the country.

This presentation was held within the framework of the summer course "Rural Revitalization: new life for the rural settlements and the land", organized by the University of Santiago de Compostela which took place from 17 to 20 June 2025 in Lugo.

Files

20250618_Curso_revitalizacion__OMT_QuicoOnega.pdf

Files (1.5 MB)

Additional details

Additional titles

Translated title (English)
The Observatory of Land Mobility of Galicia

Dates

Available
2025-06-23