Avicultura artesanal na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas. Guía para persoas novas entrantes
Authors/Creators
Description
Esta guía está adaptada ao contexto territorial da Reserva da Biosfera “Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo”. O seu Órgano Xestor é a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos. Polo tanto, as referencias e os interlocutores están vinculados ó ámbito específico desta área.
A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, é unha das Reservas da Biosfera máis poboadas de España, dispoñendo dun gran centro de consumo na zona de influencia, como é a cidade da Coruña. Isto supón unha grande oportunidade para a comercialización de produtos alimentarios orixinarios deste territorio, idóneo para as pequenas producións agroecolóxicas e para o establecemento de persoas novas entrantes.
Un dos sectores que se considera de interese é o da avicultura artesanal, téndose detectado un incremento no número de persoas interesadas nesta actividade. É unha actividade que pode acometerse con facilidade dende un inicio como NE, sen ter que realizar unha gran inversión. Cómpre destacar que a avicultura artesanal ten que ser entendida como unha actividade complementaria á renda, pois como única actividade pode non ser o suficientemente rendible. Porén, pode supoñer unha parte moi interesante do proxecto produtivo, compatible e mesmo positivo para as outras producións contempladas.
Este documento pretende servir de guía de apoio as persoas novas entrantes na avicultura artesanal na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas.
Files
AVICULTURA ARTESANAL_Guía para persoas novas entrantes.pdf
Files
(6.1 MB)
| Name | Size | Download all |
|---|---|---|
|
md5:4e1ccf3f7db9f390803e2d7325940404
|
6.1 MB | Preview Download |
Additional details
Additional titles
- Alternative title (Spanish)
- Avicultura artesanal en la Reserva de la Biosfera Mariñas Coruñesas. Guía para personas nuevas entrantes