Corlega: Corpus de Lecturabilidade en Galego
Authors/Creators
Description
Corlega é un corpus de textos en galego de diversos xéneros, subxéneros e tipos textuais clasificados en función do seu nivel de lecturabilidade (ou complexidade do texto para a súa lectura). Estes textos foron seleccionados pensando en persoas adultas con interese en aprender ou mellorar a lingua como público obxectivo. Os textos están en formato .txt (codificados en utf8). O obxectivo da creación do corpus é a de adestrar e avaliar ferramentas de clasificación automática de textos en galego.
Extensión do corpus: 480 textos, 134518 tokens
Os niveis foron definidos pola autora, baseándose na proposta de niveis do proxecto europeo iRead4Skills (very easy, easy, plain, more complex), que foi contrastada e ampliada coas especificacións, especialmente sobre comprensión lectora, dos niveis Celga e do MCER e cunha análise de contidos dos manuais Aula de galego. A equivalencia aproximada entre estes niveis e os niveis de competencia do MCER, o Celga, o ALTE e o proxecto iRead4Skills é a seguinte:
| Corlega | iRead4Skills | MCER | Celga | ALTE |
| Nivel 1 | very easy | A1 | - | - |
| Nivel 2 | easy | A2 | Celga 1 | Level 1 |
| Nivel 3 | plain | B1 | Celga 2 | Level 2 |
| Nivel 4 | more complex | B2 / C1 / C2 | Celga 3 / 4 / 5 | Level 3 / 4 / 5 |
Os textos son representativos dos seguintes dominios comunicativos:
1- Comunicación persoal (mensaxes, diarios e blogs)
2- Comunicación profesional (mensaxes, notas de prensa e webs)
3- Medios de comunicación (biografías, entrevistas, reportaxes, novas, artigos de opinión...)
4- Publicidade e difusión (anuncios, etiquetas, menús...)
5- Literatura didáctica (dicionarios e libros autodidácticos)
6- Literatura de ficción (novela, poesía e teatro)
7- Literatura de non ficción (crónicas, diarios de viaxe, guías turísticas...)
8- Política (discursos e programas)
9- Legal e administrativos (textos legais e textos administrativos)
10- Relixión (escrituras e ensinanzas)
11- Didáctico (textos extraídos de materiais para a ensinanza do galego como lingua estranxeira)