Published July 22, 2024 | Version v2
Project deliverable Open

Kit de ferramentas dixitais para habilidades verdes

Description

Este conxunto de ferramentas proporciona materiais e recursos que permitirán aos profesores e ás escolas de FP marítima integrar, explorar e desenvolver habilidades ecolóxicas e sostibles a nivel macro (nivel escolar) e micro (nivel de aula/estudante). Esta ferramenta dixital proporcionará información teórica e materiais dixitais didácticos que poden ser utilizados por profesores e directores escolares nas súas institucións educativas para ensinar capacidades verdes tanto a docentes como a estudantes.
En termos de contido, este documento baséase no  tratamento e adquisición dun conxunto de habilidades e competencias verdes identificadas polo Consorcio. Este consorcio está composto por profesionais no campo que para identificar as habilidades e os contidos deste kit inspiráronse en proxectos existentes relacionados coa sostibilidade, como Green Comp, ESCO ou SKILLSEA. 


O presente documento, inclúe un conxunto de unidades didácticas que se poden implementar en escolas e aulas, traballando en cada unha delas unha habilidade verde principal. Como este conxunto de ferramentas dixitais para capacidades verdes ten como obxectivo promover o atractivo das  carreiras azuis tanto entre os estudantes de FP (futuros profesionais marítimos) como entre os estudantes doutros itinerarios, neste documento preséntase unha lista de ocupacións/profesións relacionadas coa  educación marítima.


Seguindo esta liña, o kit de ferramentas tamén proporcionará un conxunto de boas  prácticas e recursos adicionais que poden ser útiles para que os docentes obteñan máis información sobre algúns temas importantes que poden ser útiles no campo marítimo.


É importante destacar que todo o contido presentado no kit de ferramentas terá en conta a oferta específica das escolas de FP asociadas, así como os niveis 4 e 5 do MEC: Pesca, Transporte Marítimo, Xestión Portuaria e Marítima, e Enxeñería Mariña. Ademais, todo o contido traducirase ao portugués, inglés, español e alemán e estará dispoñible na páxina web do proxecto sen custo adicional.

Files

Toolkit _FEB-24_GAL_v2.pdf

Files (796.2 kB)

Name Size Download all
md5:ea3d917dbd28756f86f37cc5640e2c2d
796.2 kB Preview Download

Additional details

Funding

European Union
Green Diving - Enhancing green skills, sustainability and attractiveness of Maritime VET 2021-1-ES01-KA220-VET-000033240