O Proxecto Didáctico consiste nunha organización flexible de experiencias de aprendizaxe contextualizadas e significativas que se articulan ao redor dun tema-eixo de traballo.
As propostas didácticas que configuran o proxecto constrúense, xeralmente, como Tarefas, é dicir, NON son actividades ou exercicios aillados con un tema común, senón que os proxectos teñene un marcado carácter globalizador, transversal e interdisciplinar.
Os proxectos trabállanse a través de metodoloxías activas coma a ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) ou a AC (Aprendizaxe Cooperativa), que sitúan ao alumnado no centro do proceso. Isto supón deseñar tarefas competenciais e que favorezan que as crianzas exploren, experimenten, cren, produzan, etc. promovendo as habilidades de pensamento de orden superior (avaliar, crear, construír, reflexionar, emitir xuízos...). Tarefas abertas e flexibles, e que promovan a resposta diverxente. En palabras dunha mestra de infantil, trátase de buscar "tarefas abertas para que cada crianza teña a sensación de satisfacción".
As situacións de aprendizaxe dun proxecto se busca que sexan problematizadoras de xeito que contribúan a desenvolver o pensamento crítico e reflexivo, é dicir, atender a cuestións controvertidas, considerando a diversidade e a expresión de diferentes voces e respostas, e tendo en conta diversas perspectivas como a perspectiva de xénero, a interxeneracional, interseccional ou a diversidade e a inclusión.