Saltar navegación

CD e CDD

Desenvolvendo a nosa Competencia Dixital Docente

Ao longo do cuadrimestre abordamos diversas temáticas e propóñense diferentes prácticas que permitan reflexionar sobre o potencial da tecnoloxía educativa na etapa de Educación Infantil. Especialmente na parte práctica ponse a énfase en incorporar a tecnoloxía como contexto de aprendizaxe. Non se pon o foco nunha aprendizaxe instrumental sobre a tecnoloxía, nin se considera un simple medio, senón que ao integrala como contexto permite reflexionar e aprender sobre as súas implicacións nas aulas, en particular, e na sociedade en xeral.

Deste xeito, ao longo da materia iremos desenvolvendo algunhas subcompetencia da CDD (DigCompEdu) así como melloraremos a nosa propia competencia dixital (DigComp). Ambos marcos europeos se constituíron como referente común na integración das tecnoloxías nos centros educativos.

E momento de revisar (de novo) a nosa CDD e deterse naquelas competencias que o Proxecto Didáctico nos está contribuíndo a desenvolver.